vifito.eu

Web Development & Open Source

  • Aumentar o tamaño da fonte
  • Tamaño do texto por defecto
  • Diminuir o tamaño do texto
vifito.eu

Crea un proxecto HTML5 en 15 segundos

HTML5_LogoInitializr é un asistente que facilita a creación de plantillas HTML5. O asistente permite escoller se a plantilla incluirá contido, que librerías de javascript incluir (jQuery, modernizr, html5shiv, ...), ficheiros de configuración do lado servidor (.htaccess, web.config ou nginx.conf), si se inclúe código de seguemento (google analytics),...

Despois de escoller as nosas preferencias e premer en Download, descargarase nun zip unha plantilla moi útil para comezar a traballar cun código HTML5. O código está moi limpo e coidado, e os engadidos coma o ficheiro .htaccess ten en conta moitos aspectos que mellorarán o comportamento do servidor, só basta botarlle unha ollada:

 

Seminario técnico sobre Web Services

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar en colaboración con Oracle, o vindeiro martes día 7 de xuño, de 10:00 a 13.30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario técnico sobre web services.

O seminario, de carácter práctico e dirixido a un perfil de profesional técnico interesado en contidos de interoperabilidade e intercambio de datos entre aplicacións, está orientado a mostrar o tipo de aplicacións que se poden desenvolver utilizando servizos web. O relator do evento será D.Daniel Gómez Vendrell, técnico consultor de Oracle especializado na área de Java.

Axenda da xornada e contidos a desenvolver:

  1. Que é un web service
  2. Exemplos de usos de web services
  3. Demostración da construción dunha aplicación baseada en web services

 

O acceso, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG é de balde e condicionado ao aforo do local.

 

Lembrando os clásicos, overlib

http://www.bosrup.com/web/overlib/cmn/logo.gifoverlib é unha biblioteca javascript que permitía permite crear o típico efecto de "tooltip" dende hai anos. A aparición de framework javascript coma jQuery, prototype, dojo, ... facilitaron a proliferación dunha morea de alternativas máis atractivas e que siguen deseños máis accesibles e menos intrusivos.

 

 

IBM lanza Maqetta, a súa ferramenta HTML5 de código aberto en resposta a Silverlight

Maqetta_Logo_250x76IBM vén de anunciar a súa ferramenta de edición visual con HTML5, Maqetta, para desenvolver aplicacións web ricas, baixo licenza open source e cedida á Dojo Foundation. Maqetta preséntase coma un proxecto de código aberto para ter unha ferramenta, empregando HTML5 con soporte drag & drop, para o desenvolvemento de interfaces web, tanto para contornos de escritorio como para móbiles.

Ao estar creada seguindo os estándares da web o aplicativo traballará nos navegadores sen a necesidades de complementos adicionais. O código fonte do aplicativo pódese descargar e instalar en servidores propios ou realizar «customizacións» adicionais.

Rod Smith, vicepresidente de tecnoloxías emerxentes de IBM dixo no seu lanzamento:

O problema en poucas palabras é que o ecosistema de Ajax quédase curto en canto a ferramentas coma Adobe Flash, Microsoft Silverlight ou outras similares. Tivemos ata 120 empresas na OpenAjax Alliance e a queixa máis frecuente era a interoperabilidade dos widgets e a necesidade de ferramentas visuais, polo que se decidiu facer fronte a todo iso. A nosa idea foi facer todo na web

Estas son algunhas das características de Maqetta:

  • Editor visual da páxina
  • Interface Drag/Drop
  • Deep Support para CSS
  • Mecanismo para a organización dun prototipo de interface de usuario e dentro de “estados de aplicación”, un sistema que permitirá un deseño de interface para definir a interactividade sen necesidade de programación.
  • Review basada en web Wire.framing, característica que permite aos deseñadores crear propostas de interface de usuario.
  • Editor de temas para personalizar o estilo visual da colección de widgets

 

maqetta

OLLO: Maqetta está nunha fase inicial. IBM donou a ferramenta á Fundación Dojo, a cal alberga varias iniciativas de código aberto.

Fonte: Bitelia

   

Desmontar todos os puntos de montaxe CIFS

Script en bash para desmontar todos os puntos de montaxe CIFS:

1
2
3
4
5
6
for i in `cat /proc/mounts | awk '{if($3 == "cifs"){print $2}}'`
do
    echo -n "Unmounting $i ..."
    umount $i
    echo " done."
done

 

 

Eliminar os exploits r57 e c99 en servidores LAMP

Examinando os logs de apache atopo uns erros 404 a un ficheiro «r57.php». Polo visto este é un coñecido script PHP ruso que compromete o servidor web permitindo o upload de ficheiros, descarga de ficheiros, spam relay, control das SQL, ...

Para eliminar este shellScript dun servidor infectado pódese executar os seguintes comandos:

1
2
3
find /var/www/ -name "*.php" -type f -print0 | \
       xargs -0 grep r57 | uniq -c | sort -u | \
       cut -d":" -f1 | awk '{print "rm -rf " $2}' | uniq

Tamén se pode agochar baixo extensión gif ou txt (entre outras). Outro shellScript coñecido é c99, podendo eliminalo co seguinte comando:

1
2
3
find /var/www/ -name "*.php" -type f -print0 | \
       xargs -0 grep c99 | uniq -c | sort -u | \
       cut -d":" -f1 | awk '{print "rm -rf " $2}' | uniq

 

 

Web Developer Tools, caixa de ferramentas para o desenvolvemento web

wdtEstá dispoñible a versión 2.6.6 de WDT (Web Developer Tools), unha toolbox de aplicacións e utilidades para axilizar o desenvolvemento web. OLLO! non confundir coa toolbar para firefox "Web Developer Toolbar", outra ferramenta indispensable.

Entre outras ferramentas inclúe:

  • Task Manager
  • Dean Edwards Javascript Compressor
  • JSMin
  • Css Minifier
  • Css Type Set Generator
  • Css Button Generator
  • Cool Button Generator
  • RGB / HEX Color chart
  • VTE Terminal
  • WYSIWYG HTML 5 Editor
  • Website Analyzer (Yslow+PageSpeed)
  • 3 x online W3C validators
  • ScriptBook

 

Ler máis ...
 


Páxina 1 de 9