Navegadores e complementos do lado cliente (javascript, css, validadores, ...)
fai 11 anos, 1 mes
…/Client-side
Na actualidade xa existen moitas ferramentas e IDE que compilan os ficheiros Less, Coffescript, e outros preprocesadores de CSS/JS, pero sempre está ben ter a opción dos métodos manuais aos que botar man en caso de necesidade.
ler máis »
fai 15 anos
…/Client-side
Antes da aparición de Firebug había que facer uso da consola javascript (se o navegador contaba con ela) e outros plugins de firefox (console2, web developer toolbar, ... tamén incribles), e no caso doutros navegadores había que facer enxeñería empregando alerts, mensaxes a un popup, etc.
Hoxe xa dispoñemos de clons para o resto dos navegadores ou podemos facer uso de firebug lite. O certo é que firebug marcou un antes e un despois no desenvolvemento web, traendo do olvido á linguaxe javascript, que noutrora só era unha linguaxe para validar formularios no lado cliente. Alguén pode pensar que xa existía o MS Script Debugger; pero seamos serios, falamos de ferramentas usables e que faciliten o traballo, non que o dificulten.
ler máis »
fai 15 anos
…/Client-side
Vimperator é un plugin de Firefox, que o fai parecer e comportarse como o editor de textos Vim. As accións máis habituais poderán levarse a cabo como se estivesemos a traballar con vim e os seus atallos de teclado.
ler máis »
fai 15 anos
…/Client-side
Actualizado a versión 1.3: correxido erro que só permitía traducir a primeira frase
Un pouco farto de que deixase de funcionar e/ou mudasen de enderezo o servizo de opentrad, decanteime por empregar unicamente o servizo de Google como motor de tradución do FirefoxFalaGalego.
Outra historia é a política de publicación de Mozilla, que non me parece que estea mal, soamente que me resta tempo para simplemente publicar un add-on. Co cal deixo dispoñible dende esta web o ficheiro xpi para o seu uso baixo a responsabilidade de cada un.
» Descargar (versión 1.3: correxido erro que só permitía traducir a primeira frase).
O seu funcionamento segue sendo igual ca sempre, inda que agora temos os pares de tradución EN-ES, ES-EN, GL-EN e EN-GL.
Ctrl + G
ler máis »
fai 15 anos
…/Client-side
Esta é unha recompilación dos 50 plugins de firefox cos que normalmente traballo (Firefox 3.0, sorry):
CLEO{4.3}.xpi ? Create multi-addon install package (Cleopack)
CodeBurnerforFirebug{1.5}.xpi ? Extends Firebug with reference material for HTML and CSS
ColorZilla{2.0.2.1}.xpi ? Advanced Eyedropper, ColorPicker, Page Zoomer and other colorful goodies
firefoxfalagalego-{1.2}-ko.xpi ? Google Tradutor en liña (nova versión)
ler máis »