fai 6 anos, 5 meses
…/Xeral
Despois de levar moito tempo sen escribir ningún artigo este pasado martes publicouse a entrevista que me fixo Daniel Primo para o Podcast WebReactiva. Un Podcast que trata principalmente temas de desenvolvemento web e novas tecnoloxías imprescindible para persoas que estamos no eido do desenvolvemento web.
ler máis »
fai 9 anos, 7 meses
…/Xeral
Microsoft vén de publicar o seu novo editor de código Visual Studio Code (que non IDE) de balde, baixo uns termos de licenzamento un pouco particulares. Como todos os editores de código que están aparecendo ultimamente non fai máis que copiar a interface de Sublime, e tamén funcionalidades como a "Paleta de Comandos", edición simultánea en varias pestanas, ...
ler máis »
fai 10 anos, 2 meses
…/PHP
É bastante común que ao instalar un CMS (drupal ou Joomla) se «silencien» os erros para evitar riscos de seguridade. Esta configuración, que é a recomendada, resulta molesta para o desenvolvemento e convén volver habilitar as opcións de mostrar os erros.
ler máis »
fai 10 anos, 4 meses
…/MODX
A versión 2.3 de MODX vén cun redeseño do manager (o backend), cunha nova arquitectura de menú, melloras no rendemento que fan que vaia máis rápido e con engadidos para poder crear temas para o manager con Sass e ExtJS. Ademais inclúe Uberbar, unha barra para atopar calquera cousa no Manager. Tamén veñen de serie nova clases para implementar servicios REST en MODX. Comezaremos a facer probas para migrar GalDic e integralo en MODX.
ler máis »
fai 10 anos, 11 meses
…/PHP
Con cada 1 de xaneiro aparecen novos artigos coas tendencias para o novo ano. Cal será o framework PHP máis prometedor para 2014? Que linguaxe de programación será o máis demandado? En Sitepoint veñen de facer unha enquisa sobre cal será o mellor framework PHP para 2014, é o gañador foi ...
ler máis »
fai 10 anos, 11 meses
…/Spring Framework
Ao traballar cun contedor de servlets coma Tomcat, no momento de procesar un envío por POST e mostrar os datos enviados podemos atoparnos cunha codificación que non é a axeitada e ver os caracteres en ISO-8859 cando deberían estar en UTF-8.
ler máis »
fai 11 anos
…/PHP
Unha ferramenta de investigación de Barracuda Networks detectou tráfico procedente de php.net e un investigador da compañía declarou que hackers inxectaran código JavaScript daniño no arquivo userprefs.js da web php.net. O ataque redirixía aos visitantes de php.net a unha web de terceiros que buscaba plugins vulnerables nos navegadores do usuario para comprometer os sistemas dos visitantes a través dun arquivo SWF con código daniño.
ler máis »
fai 11 anos, 1 mes
…/Client-side
Na actualidade xa existen moitas ferramentas e IDE que compilan os ficheiros Less, Coffescript, e outros preprocesadores de CSS/JS, pero sempre está ben ter a opción dos métodos manuais aos que botar man en caso de necesidade.
ler máis »
fai 11 anos, 4 meses
…/Xeral
Nova edición do Máster en Desenvolvemento Web da Universidade Jaume I. A meirande parte de profesionais do mundo web non dispoñen de vías sinxelas para porse ao día en novas tecnoloxías. Nos estudos de enxeñarías informáticas tampouco hai lugar para a especialización e profundización, a ocasións nin se tocan os conceptos das tecnoloxías web actuais.
ler máis »
fai 11 anos, 6 meses
…/MySQL
Solucionando problemas con driver JDBC/MySQL en campos tipo data e con valor por defecto "0000-00-00 00:00:00".
ler máis »
fai 11 anos, 6 meses
…/PHP
Veño de publicar en github unha pequena utilidade para facer os «dumps» de táboas dunha determinada base de datos, vifito/joomdump.
ler máis »
fai 11 anos, 7 meses
…/PHP
Publicado o código de DatabaseIterator en Github
ler máis »
fai 11 anos, 9 meses
…/Xeral
A nova versión de Komodo 8 (IDE e Edit) tivo un lavado de cara co restyling de interface que lle fixeron inspirándose en Sublime Text.
Calquera dos dous editores parécenme tremendos para desenvolvedores web. Levo moitos anos con Komodo e síntome moi "kómodo" con él, de todos modos hai que valorar os moitos paquetes de Sublime Text.
ler máis »
fai 12 anos, 1 mes
…/Xeral
O pasado día 19 de outubro participei como relator na Libre Software World Conference 2012, coa charla «El quiero y no puedo de un Escritorio de Trabajo en Software Libre en el SPEG».
ler máis »
fai 12 anos, 3 meses
…/Joomla
Xa contamos coa nova versión de Joomla! 3.0. Non é necesario que os usuarios muden a esta versión do CMS, xa que a 2.5 é unha versión Long Term Support e non será ate a versión 3.5 (planificada para verán de 2014). Entre as novas características gustaría reseñar o soporte para postgresql. Agora será posible ter unha instalación Joomla! traballando con PostgreSQL, abrindo o abano de posibilidades de integración noutros sistemas.
ler máis »