Visual Studio Code dispoñible para Linux

Microsoft vén de publicar o seu novo editor de código Visual Studio Code (que non IDE) de balde, baixo uns termos de licenzamento un pouco particulares. Como todos os editores de código que están aparecendo ultimamente non fai máis que copiar a interface de Sublime, e tamén funcionalidades como a "Paleta de Comandos", edición simultánea en varias pestanas, ...

Tras probar Code teño que dicir que vai bastante fluido, e inda non se pechou inesperadamente. Agrada ver que se integra con ferramentas "Node friendly" como gulp, bower, typescript, ... Inda que pensada para edición de ASPNET conta con bastante soporte para Nodejs, con Code Intelligence, depuración, ... Tamén ten resaltado de sintáse para outras linguaxes como Python, PHP, ... e conta con integración con Git. Visual Studio Code está dispoñible para Linux, Mac OSX e Windows.

Tanta "apertura" nas ferramentas para o desenvolvemento de Microsoft para plataformas Linux e Mac non deixa de sorprenderme, nunca fun eu defensor desta empresa pero sempre se agradece que se fagan as tecnoloxías dispoñibles en todas as plataformas dispoñibles.

Última actualización 2015-04-29
9:49 PM (Europe/Madrid)
Data de creación 2015-04-29
9:28 PM (Europe/Madrid)
Microsoft release Visual Studio Code
nodejs editor