joomdump, utilidade para automatización de base de datos

Veño de publicar en github unha pequena utilidade para facer os "dumps" de táboas dunha determinada base de datos, joomdump. Calquera podería dicir que pouca utilidade pode ter existindo a ferramenta mysqldump. A idea é facilitar o traballo no desenvolvemento de extensións para Joomla coas seguintes funcinalidades:

  • Permitir seleccionar as táboas desexadas
  • Operacións sobre as táboas para especificar o volcado de: soamente esquema da táboa, datos ou volcado (esquema + datos)
  • Filtros para o volcado dos datos. Volcar os datos que cumpren cuns filtros especificados
$ php -f joomdump.phar -- --tables=content:schema,categories:dump#"column=filter",weblinks:data \
         --user=root --db=joomla --pass=r00t --host=localhost --prefix=jos_

Máis información

Última actualización 2013-06-11
9:27 AM (Europe/Madrid)
Data de creación 2013-05-28
1:40 AM (Europe/Madrid)
Veño de publicar en github unha pequena utilidade para facer os «dumps» de táboas dunha determinada base de datos, vifito/joomdump.
joomla github php database