Integración de Gears PubTools en Joomla!

Traballando no proxecto fin de curso do CDWA estou estudiando tecnoloxías que permitan o traballo fora de liña en aplicacións web. As tecnoloxías que atopei son: adobe air, applets java (cun desenvolvemento que permita a caché de contidos e o almacenamento local), google gears e despois outras menos coñecidas, pero non menos interesantes, como Titanium App. Ao final decanteime por Google Gears e a "customización" que fixo a fundación Dojo (Dojox.off), e que tamén me permite aproveitar o código para aplicacións AIR grazas a dair (Dojo extensions for Adobe AIR). Nesta procura de tecnoloxías foi cando me atopei con gears-pubtools.

 

Gears-pubtools é un proxecto aloxado en Google code que permite integrar un buscador no navegador cliente dos contidos dun servidor. O API permite almacenar na base de datos do navegador cliente (en SQLite e grazas a gears) os contidos do servidor de modo que a busca farase localmente.

 

Xuntando esta idea cos contidos dos artigos dun Joomla! ocorreuseme facer un módulo instalable que integra un buscador no navegador local, dos artigos deste blogue.

down Descargar o módulo

OLLO!!! este módulo foi feito as presas e non está o suficientemente testeado, úsao baixo a túa responsabilidade!

 

Notas:

  • A primeira vez que se entra na páxina hai que indicarlle a Gears que cree a base de datos e confie no dominio
  • Nalgúns navegadores non funcionará (por exemplo Opera), só nos que teñan soporte para Google Gears.
  • BUG: Non incluir o módulo en todas as páxinas senón o script xerará unha base de datos por cada URL distinta, non deixa de funcionar pero o rendemento baixa.
  • Este blogue ten poucos artigos e inclúense todos; no caso de que non se desexen todos os artigos mirar o ficheiro manifest.php que contén a SQL que extrae os artigos. TODO: incorporar un parámetro ao módulo para personalizar a SQL.
Última actualización 2012-09-08
12:51 PM (Europe/Madrid)
Data de creación 2009-08-14
4:02 PM (Europe/Madrid)
php joomla html5offline

Relacionados