vifito.eu

Web Development & Open Source

  • Aumentar o tamaño da fonte
  • Tamaño do texto por defecto
  • Diminuir o tamaño do texto
Xestión de Contidos

Pimcore, un CMS para programadores Zend Framework

Packt-OS-AWARDSPimcore foi escollido como o CMS máis prometedor de 2010 nos Open Source Awards 2010. Pimcore é un CMS baseado en Zend Framework e ExtJS, e liberado baixo licencia BSD. As novas versións xa inclúen jQuery a maiores, xa que é posible que se prescinda de ExtJS. Conta cun backend cunha interface RIA que fai un uso intensivo de comunicacións Ajax/Json.

Open-Source Product Information Management

A interface de administración conta cun apartado para a creación dos nosos modelos de negocio nunha interface RAD. Dende este apartado, empregando compoñentes gráficos, poderemos crear as nosas entidades do negocio e xestionar os datos relacionados. Esta característica, en Pimcore, coñécese co nome de Product Information Management (PIM).

Extensible

Pimcore é extensible a través de plugins e widgets. As extensións poden ser distribuidas mediante un servidor de plugins adicado ou empregando o repositorio principal do proxecto. Tamén é posible aproveitar todas as vantaxes que oferta Zend Framework e despregar no CMS módulos e controladores ZF dun xeito sinxelo e aproveitándonos dos modelos creados no PIM.

Integración

Pimcore proporciona interfaces para a integración de aplicacións baseadas en Java e integración de obxectos Java mediante a utilización de PHP-Java-Bridge e Apache Thrift.

 

Ler máis ...
 

Desenvolvemento de extensións en Joomla! 1.5

Rescatando unha presentación que din nas Xornadas Web de Ousli xa fai dous anos. Pode ser de utilidade se alguén está comezando a desenvolver extensións para Joomla! 1.5

 

Integración de Gears PubTools en Joomla!

Traballando no proxecto fin de curso do CDWA estou estudiando tecnoloxías que permitan o traballo fora de liña en aplicacións web. As tecnoloxías que atopei son: adobe air, applets java (cun desenvolvemento que permita a caché de contidos e o almacenamento local), google gears e despois outras menos coñecidas, pero non menos interesantes, como Titanium App. Ao final decanteime por Google Gears e a "customización" que fixo a fundación Dojo (Dojox.off), e que tamén me permite aproveitar o código para aplicacións AIR grazas a dair (Dojo extensions for Adobe AIR). Nesta procura de tecnoloxías foi cando me atopei con gears-pubtools.

Gears-pubtools é un proxecto aloxado en Google code que permite integrar un buscador no navegador cliente dos contidos dun servidor. O API permite almacenar na base de datos do navegador cliente (en SQLite e grazas a gears) os contidos do servidor de modo que a busca farase localmente.

Xuntando esta idea cos contidos dos artigos dun Joomla! ocorreuseme facer un módulo instalable que integra un buscador no navegador local, dos artigos deste blogue.

down Descargar o módulo

OLLO!!! este módulo foi feito as presas e non está o suficientemente testeado, úsao baixo a túa responsabilidade!

Notas:

  • A primeira vez que se entra na páxina hai que indicarlle a Gears que cree a base de datos e confie no dominio
  • Nalgúns navegadores non funcionará (por exemplo Opera), só nos que teñan soporte para Google Gears.
  • BUG: Non incluir o módulo en todas as páxinas senón o script xerará unha base de datos por cada URL distinta, non deixa de funcionar pero o rendemento baixa.
  • Este blogue ten poucos artigos e inclúense todos; no caso de que non se desexen todos os artigos mirar o ficheiro manifest.php que contén a SQL que extrae os artigos. TODO: incorporar un parámetro ao módulo para personalizar a SQL.

gears-pubtools

 

Joomla! 1.5 sobre Tomcat con Quercus


Quercus é unha implementación de PHP5 en Java. O meu experimento parte da idea de poder ter un portal Joomla! 1.5 aloxado nun servidor de aplicacións Java e poder acceder a outras libreríasbibliotecas, código, API, ... en Java.

A interoperabilidade entre Java e PHP5 pode poñerse máis de moda cando Google App Engine vén de anunciar que xa é posible desenvolver en Java na súa plataforma. Este feito, xunto co desexo de moitos de desenvolver en PHP, fai que Google tamén esté a traballar nesa dirección, pero polo momento é posible programar con PHP en Google App Engine botando man de Quercus.

Outro proxecto a ter moi en conta é a ponte PHP/Java (PHP/Java Bridge). Fai uns anos probei, con éxito, a conectar PHP coa base de datos HSQLDB; agora xa conta polo visto cunha maior estabilidade e xa leva máis traballo ás costas, podendo interoperar tamén con código .NET.

Ler máis ...