O pasado 24 de novembro presentouse o "Observatorio de Accesibilidad a Municipios" co fin de contribuír a mellora da accesibilidade nas localidades no Estado. Neste acto o vicepresidente 1º executivo da Fundación ONCE, Alberto Durán, explicaba a finalidade deste centro, aclarando que non é máis caro contruír edificios e rúas accesibles, que construílos mal e despois ter que refacelos. Este observatorio encargarase de estudiar a accesibilidade física (rúas, edificios, ...) e tamén a accesibilidade web.
Neste último apartado a empresa Technosite foi a encargada de elaborar o estudio das webs municipais. Cada localidade podía ter de 0 a 5 estrelas en función da accesibilidade do seu portal web oficial. Pocos conseguiron as 5 estrelas de "excelente accesibilidade". Destaca o «Ayuntamiento de Zaragoza» por ter a páxina web máis accesible de todas, un total de 4 estrelas (puntuación de 9,07); seguida de Pamplona, Madrid, Guadalajara, cunhas puntuacións que non baixan do 8.
Este estudio realizouse tendo en conta 70 concellos que representan un 30% da poboación, e mediante a utilización de 750 enquisas e 270 indicadores. Chegouse a conclusión de que canto máis alta é a población dunha cidade mellor é a accesibilidade web.
Na miña opinión a puntuación media dun 6,5 é unha maquillaxe dos resultados reais. Non deixa de ser certo que o traballo que fixo o "Ayuntamiento de Zaragoza" é sorprendente, só basta ver o código fonte da páxina para darse conta. Sirva como mostra os resultados que obten a web do Concello de Lalín fronte o "Ayuntamiento de Zaragoza" empregando a ferramenta de avaliación de accesibilidade web WAVE:
Inda queda moito traballo por facer no eido da accesibilidade por parte das administracións públicas. A administración pública, a hora de redactar os pregos de condicións dos proxectos, deberían valorar moito máis as cuestións de accesibilidade web, xa que están obrigadas por lei. Por outra banda as universidades deberían ofertar nos temarios asignaturas adicadas exclusivamente a temas de accesibilidade e usabilidade. O informe de Technosite sobre Accesibilidade dos portais universitarios deixa moi claro que fai falta traballar neste sentido.
Compre destacar os esforzos que se están a facer dende algunha administración pública; no caso da Consellería de Traballo o seu portal reporta cero erros na WAVE:
Fonte: Technosite
Última actualización | 2012-08-04 12:19 AM (Europe/Madrid) |
Data de creación | 2010-12-10 8:09 AM (Europe/Madrid) |
A accesibilidade web dos concellos españois obtén unha puntuación do 6,5 sobre 10 | |
accesibilidade |