HTML5

Crea un proxecto HTML5 en 15 segundos

fai 12 anos, 9 meses …/HTML5
Crea un proxecto HTML5 en 15 segundos Initializr é un asistente que facilita a creación de plantillas HTML5. O asistente permite escoller se a plantilla incluirá contido, que librerías de javascript incluir (jQuery, modernizr, html5shiv, ...), ficheiros de configuración do lado servidor (.htaccess, web.config ou nginx.conf), si se inclúe código de seguemento (google analytics),... Despois de escoller as nosas preferencias e premer en Download, descargarase nun zip unha plantilla moi útil para comezar a traballar cun código HTML5. O código está moi limpo e coidado, e os engadidos coma o ficheiro .htaccess ten en conta moitos aspectos que mellorarán o comportamento do servidor, só basta botarlle unha ollada: HTML5 Boilerplate Server Configs
ler máis »

IBM lanza Maqetta

fai 12 anos, 11 meses …/HTML5
IBM lanza Maqetta Maqetta preséntase coma un proxecto de código aberto para ter unha ferramenta, empregando HTML5 con soporte drag & drop, para o desenvolvemento de interfaces web, tanto para contornos de escritorio como para móbiles. Ao estar creada seguindo os estándares da web o aplicativo traballará nos navegadores sen a necesidades de complementos adicionais. O código fonte do aplicativo pódese descargar e instalar en servidores propios ou realizar «customizacións» adicionais.
ler máis »