Traballando no proxecto fin de curso do CDWA estou estudiando tecnoloxías que permitan o traballo fora de liña en aplicacións web. As tecnoloxías que atopei son: adobe air, applets java (cun desenvolvemento que permita a caché de contidos e o almacenamento local), google gears e despois outras menos coñecidas, pero non menos interesantes, como Titanium App. Ao final decanteime por Google Gears e a "customización" que fixo a fundación Dojo (Dojox.off), e que tamén me permite aproveitar o código para aplicacións AIR grazas a dair (Dojo extensions for Adobe AIR). Nesta procura de tecnoloxías foi cando me atopei con gears-pubtools.
Gears-pubtools é un proxecto aloxado en Google code que permite integrar un buscador no navegador cliente dos contidos dun servidor. O API permite almacenar na base de datos do navegador cliente (en SQLite e grazas a gears) os contidos do servidor de modo que a busca farase localmente.
Xuntando esta idea cos contidos dos artigos dun Joomla! ocorreuseme facer un módulo instalable que integra un buscador no navegador local, dos artigos deste blogue.
OLLO!!! este módulo foi feito as presas e non está o suficientemente testeado, úsao baixo a túa responsabilidade!
Notas:
- A primeira vez que se entra na páxina hai que indicarlle a Gears que cree a base de datos e confie no dominio
- Nalgúns navegadores non funcionará (por exemplo Opera), só nos que teñan soporte para Google Gears.
- BUG: Non incluir o módulo en todas as páxinas senón o script xerará unha base de datos por cada URL distinta, non deixa de funcionar pero o rendemento baixa.
- Este blogue ten poucos artigos e inclúense todos; no caso de que non se desexen todos os artigos mirar o ficheiro manifest.php que contén a SQL que extrae os artigos. TODO: incorporar un parámetro ao módulo para personalizar a SQL.






