A interface do validador unificado Unicorn da W3C xa está dispoñible en galego. Unicorn é un validador "unificado" o cal proporciona, dende unha mesma interface, a posibilidade de executar múltiples validacións contra os URI que desexemos. Tamén é posible descargar o código fonte do proxecto.





