vifito.eu

Web Development & Open Source

  • Aumentar o tamaño da fonte
  • Tamaño do texto por defecto
  • Diminuir o tamaño do texto

Liberado ZK Spreadsheet 2.0

ZK Spreadsheet é un compoñente ajax que permite embeber unha folla de cálculo nunha web con todas as funcionalidades dun Excel. Seguindo o estilo de Google Docs permite a edición colaborativa do documento online.

 

zk-spreadsheet
Pantallazo de ZK Spreadsheet

 

Ver a demo |  Descargar

 

Características

  • Importar os teus ficheiros Excel 2003/2007 a ZK Spreadsheet.
  • Controlar e configurar a folla de cálculo ajax con código Java e integrala coas nosas solucións de back-end.
  • Rexistrar eventos (listeners) sobre as filas, colunas, celas, ou calquera rango de celas selecionadas para crear as iteracións desexadas con outros compoñentes.
  • Inserir expresión en celas para facer bindings con Java beans no back-end dun modo transparente, incluíndo Spring e benas CDI.
  • Extender funcionalidades por medio de código Java para que despois sexan empregadas no compoñente ZK Spreadsheet.
  • Uso de ZK Spreadsheet coma un compoñente JSF.

 

Para máis información sobre as novas funcionalidades de ZK Spreadsheet


Fonte: