vifito.eu

Web Development & Open Source

  • Aumentar o tamaño da fonte
  • Tamaño do texto por defecto
  • Diminuir o tamaño do texto

Instalación de PECL runkit en PHP 5.2

Compilación e instalación da extensión runkit en contornos debian/ubuntu.

 

 

  • Comprobar que está instalado o paquete php5-dev (en distribucións debian).
  • Descargar os fontes de runkit do repositorio pecl de PHP:
 :~/$ wget http://pecl.php.net/get/runkit-0.9.tgz
  • Descomprimir os fontes de runkit:
:~/$ tar xzvf runkit-0.9.tgz
:~/$ cd runkit-0.9
  • Compilar a extensión PHP (NON executar o comando make install):
:~/$ phpize
:~/$ ./configure
:~/$ make
  • Se aparece algunha mensaxe de erro ao executar o comando make é posible que sexa por culpa dun bug nas versións de PHP 5.2.x . Para correxir este bug hai que facer uns cambios no ficheiro fonte runkit_import.c
// Cambiar esta liña
zend_unmangle_property_name(key, &cname, &pname);
// por esta outra
zend_unmangle_property_name(key, key_len, &cname, &pname);
  • Instalar a extensión copiando runkit.so ao directorio de extensións de PHP, indicarlle a PHP que cargue a extensión e reiniciar apache.
// Averiguar a ruta ao directorio de extensións de PHP
:~# php -r "phpinfo();" | grep extension_dir
extension_dir => /usr/lib/php5/20060613+lfs => /usr/lib/php5/20060613+lfs
:~# sudo cp .libs/runkit.so /usr/lib/php5/20060613+lfs/
:~# echo "extension=runkit.so" > /etc/php5/conf.d/runkit.ini
:~# apache2ctl restart
  • Unha vez reiniciado o servidor Apache2 xa teremos a nosa disposición a extensión runkit.