Firebug, DragonFly e Chromium Developer Tools (I)

Antes da aparición de Firebug había que facer uso da consola javascript (se o navegador contaba con ela) e outros plugins de firefox (console2, web developer toolbar, ... tamén incribles), e no caso doutros navegadores había que facer enxeñería empregando alerts, mensaxes a un popup, etc.

Hoxe xa dispoñemos de clons para o resto dos navegadores ou podemos facer uso de firebug lite. O certo é que firebug marcou un antes e un despois no desenvolvemento web, traendo do olvido á linguaxe javascript, que noutrora só era unha linguaxe para validar formularios no lado cliente. Alguén pode pensar que xa existía o MS Script Debugger; pero seamos serios, falamos de ferramentas usables e que faciliten o traballo, non que o dificulten.

Esta introdución era obligada antes de falar das Chromium Developer Tools ou de Dragonfly.

 

chrome-developertools
As Developer Tools de Chromium

 

O complemento Speed Tracer reporta o rendemento do javascript no navegador cliente, podendo detetar as partes de código que crean cuellos de botella, ou ralentizan innecesariamente o rendemento da aplicación.

 

chrome-speedtracer
Pantallazo de Speed Tracer en funcionamento

Cando falemos de firebug veremos o plugin equivalente que permite facer un seguemento similar para avaliar o rendemento da aplicación.

 

 

Última actualización 2010-07-01
8:18 AM (Europe/Madrid)
Data de creación 2009-12-15
7:15 PM (Europe/Madrid)