vifito.eu

Web Development & Open Source

  • Aumentar o tamaño da fonte
  • Tamaño do texto por defecto
  • Diminuir o tamaño do texto
Ferramentas

OperaWatir, un novo membro na familia Watir

Watir (pronunciado water, é un acrónimo para "Web Application Testing en Ruby") é un toolkit para automatización de interaccións cos navegadores web (FF, Chrome, Opera, IE) dos mesmos creadores que Selenium, (openqa).

OperaWatir é un novo membro da familia de toolkits de testing Watir. Combinado cun framework de testing conducido por comportamento (behavior-driven testing framework) tal que RSpec, é posible testear as túas aplicacións web nos actuais navegadores, emulando o comportamento do usuario.

Para instalar OperaWatir é necesario instalar primeiro jRuby e despois executar na consola:

1
jruby -S gem install operawatir

 

Para ver todos os comandos:

1
operawatir --help

 

Os programadores Ruby poden comezar a implementar os seus test botándolle unha ollada ao seguinte tutorial.

 

Firebug, DragonFly e Chromium Developer Tools (I)

Antes da aparición de Firebug había que facer uso da consola javascript (se o navegador contaba con ela) e outros plugins de firefox (console2, web developer toolbar, ... tamén incribles), e no caso doutros navegadores había que facer enxeñería empregando alerts, mensaxes a un popup, etc.

Hoxe xa dispoñemos de clons para o resto dos navegadores ou podemos facer uso de firebug lite. O certo é que firebug marcou un antes e un despois no desenvolvemento web, traendo do olvido á linguaxe javascript, que noutrora só era unha linguaxe para validar formularios no lado cliente. Alguén pode pensar que xa existía o MS Script Debugger; pero seamos serios, falamos de ferramentas usables e que faciliten o traballo, non que o dificulten.

Ler máis ...
 

Vimperator

Vimperator é un plugin de Firefox, que o fai parecer e comportarse como o editor de textos Vim. As accións máis habituais poderán levarse a cabo como se estivesemos a traballar con vim e os seus atallos de teclado. Por exemplo:

:open www.google.com

Fonte: Just Sherekan

 

Ler máis ...
 

Actualizado: Rescatando FirefoxFalaGalego, agora empregando Google Tradutor

Actualizado a versión 1.3: correxido erro que só permitía traducir a primeira frase

Un pouco farto de que deixase de funcionar e/ou mudasen de enderezo o servizo de opentrad, decanteime por empregar unicamente o servizo de Google como motor de tradución do FirefoxFalaGalego.

Outra historia é a política de publicación de Mozilla, que non me parece que estea mal, soamente que me resta tempo para simplemente publicar un add-on. Co cal deixo dispoñible dende esta web o ficheiro xpi para o seu uso baixo a responsabilidade de cada un.

» Descargar (versión 1.3: correxido erro que só permitía traducir a primeira frase).

O seu funcionamento segue sendo igual ca sempre, inda que agora temos os pares de tradución EN-ES, ES-EN, GL-EN e EN-GL.

Ctrl + G

 

Os meus addons de Firefox

logo-collections-100x125Esta é unha recompilación dos 50 plugins de firefox cos que normalmente traballo (Firefox 3.0, sorry):

 

Ler máis ...