A comunicación entre javascript e un applet Java é moi sinxela. Para amosar o funcionamento deixo un exercicio de prácticas que fixen amosando como recuperar o applet no DOM e como acceder aos métodos que ten implementados.
O código do applet é moi sinxelo:
import javax.swing.JApplet; public class BridgeAppletJavascript extends JApplet { public void init() { } public int suma(int a, int b) { return a+b; } public int resta(int a, int b) { return a-b; } }
Para executar os métodos do applet soamente fai falla recuperar do DOM o applet e executar os métodos deste como se estivesen dispoñibles en javascript. O código HTML do applet:
<applet id="MyApplet" code="BridgeAppletJavascript.class" width="0" height="0"></applet>
O código javascript que executa unha suma, co método do applet:
var applet = document.getElementById('MyApplet'); alert( applet.suma(5, 4) );
Pantallazo da execución do exemplo
O código do exemplo pódese descargar a continuación:
Para poder testear o exemplo é necesario ter configurado o plugin de Java no navegador para executar o applet.
Descargar o código fonte.
Última actualización | 2012-08-16 1:28 AM (Europe/Madrid) |
Data de creación | 2010-01-14 7:28 PM (Europe/Madrid) |
Applet-Javascript communication, with Liveconnect | |
javascript java applets |