Dende esta semana está dispoñible o dicionario de galego GalDic no subdominio galdic.vifito.eu. O dicionario emprega unha base de datos propia e no caso de non atopar o termo busca no dicionario da RAG e na Galipedia.
O proxecto está deseñado para ser integrado en calquera sistema de xestión de contidos, proba delo é a inclusión do buscador na plataforma OpenNemas.
Dende hoxe está publicado un widget de Galdic en retrincos.info, o xornal de demostración de OpenNemas. A tecnoloxía empregada no widget é a comunicación vía JSONP, contra a seguinte uri:
http://galdic.vifito.eu/index/xsearch/q/TERMO?callback=...
En breve publicarei un tutorial explicando detalladamente o desenvolvemento de widgets con jquery e dojo.
Outro exemplo de integración tamén está dispoñible no post sobre o uso da api da galipedia.
Última actualización | 2012-08-29 2:38 PM (Europe/Madrid) |
Data de creación | 2010-06-30 9:08 PM (Europe/Madrid) |